Socialistas de Ferrol
Un lugar de encontro para todas e todos. Un lugar no que soñamos e loitamos por un mundo mellor. Un lugar no que construiremos o presente e o futuro da nosa cidade.
lunes, 1 de febrero de 2010
jueves, 17 de diciembre de 2009
martes, 3 de noviembre de 2009
Benvidos ao blogue do PSOE de Ferrol.

Este blogue foi concibido como un lugar de encontro para todas e todos os ferroláns que comparten o proxecto socialista. Un proxecto ilusionante, polo cal traballamos día a día co fin de devolverlle a esta cidade a grandeza que lle corresponde.
Así mesmo, dende o Partido Socialista de Ferrol, traballamos para que as ideas e reivindicacións dos cidadáns non as leve o vento abrindo esta nova ventá de información, intercambio e diálogo, con ánimo de sumar, de ver as cousas en positivo, sentíndonos orgullosos da nosa cidade; respectando as opinións dos demais, pero sempre compartindo e defendendo os nosos ideais, a igualdade, a xustiza social, a solidariedade. Estamos convencidos de que así conseguiremos construír unha cidade mellor, unha cidade que cada día progrese cara as ideas que forman os piares do noso partido, as ideas que defendeu Pablo Iglesias.
Aos ferroláns que non coñezan ou compartan o mesmo Ferrol que nós, propoñemoslles que nos acheguen as suas propostas co propósito dunha cidade en común, xa que diso se trata: de facer de Ferrol o que todos e todas queremos.
Desexando que vos unades a este proxecto socialista e esperando que http://www.psdeg-psoe-ferrol.blogspot.com/ sexa un espazo político do teu interese, recibe un cordial saúdo socialista.
Vamos Ferrol!!!
Vicente Irisarri
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol
Suscribirse a:
Entradas (Atom)